O Goberno Local inicia os labores de limpeza do novo auditorio, nos que traballan unha media diaria de doce empregados

A posta a punto dos cristais, tanto exteriores como interiores, é unha das tarefas nas que se investirán máis medios técnicos e humanos, ao igual que a limpeza das salas.

O concelleiro en funcións de Transición Ecolóxica, Mauricio Repetto, sinala que “O Goberno Local está a facer un gran esforzo para que todo estea a punto para a apertura”.

Sábado, 07 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Local inicia os labores de limpeza do novo auditorio, nos que traballan unha media diaria de doce empregados

Os traballos de limpeza do novo auditorio comezaron a principios desta semana, coa incorporación dunha media de 12 empregados a uns labores que está previsto acometer nas próximas dúas semanas, para que o novo edificio estea a punto para a súa inauguración o día 20, co concerto da soprano vasca Ainhoa Arteta. Estes días a actividade é continua e hai xornadas nas que ata 16 traballadores están a executar estas tarefas, que o Goberno Local encomendou á empresa que realiza a limpeza das instalacións do resto de dependencias municipais. O Concelleiro en funcións de Transición Ecolóxica, Mauricio Repetto, sinala ao respecto que “o ritmo dos traballos é bo. Desde o Goberno Local estamos a facer un gran esforzo para que todo estea a punto para a apertura”.

Unha das tarefas que require dun maior número de operarios e de máis horas é a limpeza dos cristais, tanto exteriores como interiores, ao que a firma encargada destes traballos destinará varias brigadas para intervir nas fachadas principal e traseiras e tamén nos cristais interiores. Outra das intervencións que require máis medios técnicos e humanos é a propia limpeza do interior do edificio, co fregado mecanizado, aspirado e limpeza xeral das butacas e das salas.

Na execución destes traballos se están a empregar moitos medios técnicos como aspiradores de mochila, vasoiras eléctricas, fregadoras mecanizadas, plataformas de tesoira, elevadoras de ata 20 metros e hidrolimpadoras de gasolina, ademais “doutros produtos e maquinaria adecuados ás características dos materiais construtivos destas instalacións e acordes coas actividades a desenvolver”, sinala Mauricio Repetto. Ademais, a intervención no novo auditorio inclúe tamén a limpeza dos solos e altos do aparcadoiro e a dos solos exteriores con hidrolimpadora.

Multimedia

  • O Goberno Local inicia os labores de limpeza do novo auditorio, nos que traballan unha media diaria de doce empregados
  • O Goberno Local inicia os labores de limpeza do novo auditorio, nos que traballan unha media diaria de doce empregados
  • O Goberno Local inicia os labores de limpeza do novo auditorio, nos que traballan unha media diaria de doce empregados

Noticias relacionadas