O Goberno de Lugo súmase á campaña do Día Mundial do Parkinson

Lara Méndez e Ana Abelleira achegáronse á mesa informativa que instalou a Asociación de Parkinson de Lugo nos soportais da Casa Consistorial

Mércores, 11 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo súmase á campaña do Día Mundial do Parkinson

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, solidarizáronse este mércores coas reivindicacións do Día Mundial do Parkinson, que se celebra cada 11 de abril, polo que acudiron á mesa informativa que instalou a Asociación de Parkinson de Lugo nos soportais da Casa Consistorial. Na visita, Méndez amosou a dispoñibilidade do Goberno para traballar co colectivo, ao que apoia coa cesión dun local para desenvolver a súa actividade e cunha achega económica que contribúe á prestación de servizos que melloran a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade.

No transcurso da visita, a rexedora, quen subliñou a importancia de investir en investigación, expresou tanto a importancia de socializar enfermidades como o Parkinson, botando man do lema da campaña deste ano, O que máis doe do parkinson é como me miras; así como de visibilizar as problemáticas dos doentes desta enfermidade, un dos transtornos neurodexenerativos máis frecuentes da actualidde, que padecen ao redor de 120.000 persoas en España; e do sufrimento familiar. 

Audio

  • Lara Méndez, sobre o Día Mundial do Parkinson | Descargar mp3

Noticias relacionadas