O Goberno de Lugo colabora coa gala benéfica Lugo con La Palma

A cita, organizada polo Mago Rafa, terá lugar este domingo ás 18 horas no Auditorio Municipal

Rubén Arroxo: “desde o Concello de Lugo quixemos colaborar con esta iniciativa solidaria para recaudar fondos e axudar ás familias que o precisan”

Martes, 12 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo colabora coa gala benéfica Lugo con La Palma

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a colaboración do Concello de Lugo coa gala benéfica Lugo con La Palma, organizada polo Mago Rafa para recaudar fondos e destinalos ás persoas damnificadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja, da illa da Palma. O Tenente Alcalde explicou que “desde o Concello de Lugo quixemos colaborar con esta iniciativa solidaria cuxos fondos se destinarán a axudar a todas as familias da Palma que están a perder os seus fogares”.

A gala terá lugar este domingo ás 18 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, e contará con espectáculos de música, danza e maxia coa participación de Gravitty, Edgar Bao, o Mago Iago, Adrián Vigo, David Taboada, Dani Polo e o Mago Rafa.

As entradas teñen un prezo de 10€, que se enviarán integramente ás familias necesitadas, e poden adquirirse en El Dotmas Bar, na rúa Divina Pastora e en Raúl Freire – Pasión por el Jamón, na rúa Doutor Castro.

Multimedia

  • O Goberno de Lugo colabora coa gala benéfica Lugo con La Palma

Noticias relacionadas