O Goberno continúa cos trámites para a humanización de Agro do Rolo, onde a veciñanza gozará dunha zona de lecer e de esparexemento

Este luns tivo lugar a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres de documentación administrativa e ofertas económicas deste proxecto, que se adxudicará definitivamente en Xunta de Goberno

Para a Alcaldesa, "trátase dunha obra imprescindible para o desenvolvemento da zona norte da cidade", que acomete o Concello integramente con fondos propios ante a negativa doutras administracións de colaborar

Luns, 16 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno Local continúa cos trámites para a humanización da praza Agro do Rolo, onde a veciñanza gozará dunha zona de lecer e de esparexemento. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este luns que esta mesma mañá tivo lugar a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres de documentación administrativa e ofertas económicas do proxecto de humanización desta praza, que se adxudicará definitivamente en Xunta de Goberno.

Para a rexedora, trátase "dunha obra moi importante e imprescindible para o desenvolvemento da zona norte da cidade", que acomete o Concello integramente con fondos propios ante a negativa doutras administracións de colaborar, co que ademais se busca o crecemento de Lugo, "que é o interese que ten este Goberno", segundo asegurou a rexedora.

Con este proxecto lograrase que esta superficie de 4.235 metros cadrados se converta nunha zona de lecer, coa instalación dunha zona de xogos cuberta, duns 230 metros, unha zona verde, ubicada no lateral da praza, que consistirá na creación de tres camiños peatonais que comuniquen a praza coa rúa Anselmo Sanpedro, con bancos; e a zona central, onde o Concello colocará bancos e mobiliario urbano e plantará árbores. Os traballos, valorados nuns 305.800 euros, terán un prazo de execución de 4 meses

Audio

  • La Alcaldesa de Lugo, sobre la humanización de Agro do Rolo | Descargar audio

Noticias relacionadas