O Goberno, comprometido co futuro de Lugo, cos nenos e nenas: inaugurada a humanización da Praza Agro do Rolo

A Alcaldesa foi a encargada de inaugurar esta obra, unha zona de esparexemento iniciada polo Goberno de Orozco, cuxo proyecto de humanización retomou o equipo de Lara Méndez con fondos propios

Méndez compartiu a premisa do urbanista Jan Gehl, que afirmaba que o primeiro é a vida social, "é decir as persoas", despois o espazo público, e finalmente, o edificio. "A Praza Agro do Rolo cumpre esta directriz e cumpre coa visión do Goberno e do Concello de primar sempre as persoas"

Con estas tarefas de humanización, de 223.000 euros, o Goberno avanza no modelo de cidade que quere, un Lugo máis agradable, cómodo, accesible e con máis espazos para o uso público

A creación dunha zona de xogos cuberta é o principal atractivo da mellora da estética da praza, que se dotou de zonas verdes e mobiliario urbano

Venres, 17 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno, comprometido co futuro de Lugo, cos nenos e nenas: inaugurada a humanización da Praza Agro do Rolo

A Praza Agro do Rolo loce unha nova imaxe tras os traballos de humanización que vén de levar a cabo o Concello de Lugo. Deste xeito, o Goberno, continúa a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores, é decir, sigue recuperando espazos públicos para o seu uso público.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de inaugurar esta obra, unha zona de esparexemento iniciada polo Goberno de Orozco, cuxo proyecto de humanización retomou o equipo de Lara Méndez, con fondos propios.

No acto de inauguración, no que tamén estiveron presentes outros membros da Corporación, así como técnicos municipais, veciños e veciñas e representantes da empresa encargada de acometer os traballos, valorados nuns 223.000 euros; Méndez definiu a Praza Agro do Rolo como un lugar que se converterá en punto neurálixo dentro dun barrio senlleiro, como a Milagrosa. Así mesmo lembrou que o Goberno seguirá actuando en todos os barrios da cidade e recordou as últimas accións acometidas na Milagrosa, como a reorganización no mobiliario na rúa Menorca ou actuacións no Parque de Albeiros, onde se crearon dúas pistas de petanca. Neste punto tamén recordou que a seguinte actuación de humanización, neste barrio, será a peonalización do entorno da Praza da Milagrosa, enlazando este espazo coa rúa Divina Pastora, e peonalización de Quiroga Ballesteros, que a maiores contará cunha cuberta.

A Alcaldesa compartiu a premisa do arquitecto e urbanista Jan Gehl, que afirmaba que o primeiro é a vida social, "é decir as persoas", despois o espazo público, e finalmente, o edificio. "A Praza Agro do Rolo cumpre esta directriz e cumpre coa visión do Goberno e do Concello de primar sempre as persoas", asegurou a rexedora, quen ademais incidiu na importacia destas obras de humanización, para darlle aos nenos e nenas, que son futuro de Lugo, a oportunidade de vivir as súas propias experiencias da cidade, nas que aprender e desenvolver habilidades.

Para rematar, Méndez convidou á cidadanía a gozar de todos os recunchos da cidade, e concretamente, da Praza Agro do Rolo, unha actuación coa que o Goberno avanza no modelo de cidade que quere, un Lugo máis agradable, cómodo, accesible e con máis espazos para o uso público.

Tras as palabras de Lara Méndez, os cativos invadiron o novo parque infantil e os inchables que o Goberno levou á praza na xornada de hoxe. A maiores convidou ás persoas asistentes a chocolate con churros, ofrendo tamén chocolate e galletas sen gluten.

As obras

As obras, "moi demandadas e esperadas pola veciñanza" consistiron na mellora da estética da praza, que mide 4.235 metros cadrados. Nela creouse unha zona de xogos infantís cuberta, duns 230 metros cadrados, e acondicionouse unha zona verde, situada no lateral da praza, coa creación de tres camiños peonís que comunican Agro do Rolo coa rúa Anselmo Sampedro. Tamén se dispuxo dunha zona central pavimentada con árbores para crear sombra e bancadas. Así mesmo, na zona perimetral, colocáronse bancos.

Existen dúas entradas peonís á praza, na que se instalaron xardineiras para evitar a entrada de vehículos e papeleiras. A maiores, as tarefas de humanización incluíron a disposición dunha zona verde con arboredo e unha zona perimetral con palmas.

Multimedia

  • O Goberno, comprometido co futuro de Lugo, cos nenos e nenas: inaugurada a humanización da Praza Agro do Rolo
  • O Goberno, comprometido co futuro de Lugo, cos nenos e nenas: inaugurada a humanización da Praza Agro do Rolo

Noticias relacionadas