O Festival de Teatro Grecolatino celebra o seu 15 aniversario coa presenza de 4.000 alumnos de Galicia, Asturias e León

Os obras de teatro representaranse entre os días 2 e 4 de marzo no Auditorio Gustavo Freire

Venres, 27 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou o 15º Festival Xuvenil do Teatro Grecolatino que se celebra entre os días 2 e 4 de marzo no que participan alumnos dos centros de secundaria de toda Galicia e zonas próximas.

No caso de Lugo xa está confirmada a asistencia de preto de 4.000 alumnos pertencentes a máis de 90 centros de toda Galicia e das provincias limítrofes como León ou Asturias. Esther Muñóz sinalou que “esta actividade que está máis que consolidada achega a 4.000 estudantes que ademais coñecerán Lugo e desfrutaran da cidade”.

A Mostra de Teatro Grecolatino organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro aos mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións. Esta asociación naceu no ano 2003 composto por membros como Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunto, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla), e máis tarde uniuse Málaga.

O Programa do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO 2015 que se levará  a cabo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, é o seguinte:

Día 2 de marzo, luns

  • 12:00 EDIPO REY DE SÓFOCLES, SV Producciones, (Madrid)
  • 17:00 CESTITA DE PLAUTO, SV Producciones, (Madrid)

Día 3 de marzo, martes

  • 12:00 ANTÍGONA DE SÓFOCLES,  Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
  • 17:00 MILES GLORIOSUS, DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 4 de marzo, mércores

  • 12:00 MILES GLORIOSUS DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

 

 

Noticias relacionadas