O Executivo local reúnese cos representantes das comisións de festas para dar a coñecer o novo procedemento de tramitación dos festexos locais

“O obxectivo fundamental é achegar ás nosas festas un maior nivel de seguridade, aumentar os niveis de garantía xurídica para os propios promotores e xerar certeza e celeridade no conxunto do procedemento burocrático”, sinalou a alcaldesa.

“O novo sistema vainos a permitir, por unha banda, que os responsables da comisións traballen de forma máis segura e por outro achegar orde ao procedemento así como contar con tempo suficiente para efectuar as comprobacións técnicas necesarias”, dixo.

Asemade, a iniciativa persegue asegurar a viabilidade dos eventos deste tipo permitindo conciliar os intereses dos promotores co dereito ao descanso da veciñanza.

Martes, 04 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo local reúnese cos representantes das comisións de festas para dar a coñecer o novo procedemento de tramitación dos festexos locais

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos e o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, acompañados por técnicos municipais e mandos da Policía local e a Unidade de Mobilidade, mantiveron un encontro esta mañá cos representantes da comisións de festas do municipio para informarlles sobre o novo procedemento de tramitación técnica e administrativa para a organización dos seus eventos. “A finalidade desta reunión foi dar a coñecer aos representantes das comisións de forma detallada o procedemento para a organización dos seus festexos e permitirlles así traballar cun maior nivel de previsión para este 2025”, sinalou a rexedora tras o encontro.

Durante a xuntanza Alvarellos Fondo explicou aos promotores as liñas xerais do procedemento e deu a coñecer os prazos establecido para levar a cabo a presentación do modelo 174 e da documentación técnica necesaria que se deberá realizar con, polo menos, un mes de antelación. Unha vez efectuado este trámite os técnicos municipais realizarán unha avaliación da mesma e farán un único requirimento no caso de que sexa necesario. Os promotores dispoñerán desde ese momento de 10 días para emendar calquera deficiencia que puidese detectarse.

“O obxectivo fundamental é achegar ás nosas festas un maior nivel de seguridade, aumentar os niveis de garantía xurídica para os  propios promotores e xerar certeza e celeridade no conxunto do procedemento burocrático”, sinalou a alcaldesa quen tomou nota das achegas dos representantes das Comisións de festas e comprometeuse a estudar aquelas que puidesen mellorar o conxunto do procedemento.

“É fundamental manter unha relación fluída e constante con este colectivo para garantir a viabilidade das nosas festas.  Quixemos organizar esta reunión a principio do ano para posibilitar que leven a cabo o seu labor organizativo coa suficiente antelación e así lograr que as distintas comisións poidan familiarizarse co procedemento para a organización dos seus festexos e manexar de forma correcta os seus tempos”, proseguiu.

“O novo sistema vainos a permitir, por unha banda, que os responsables da comisións traballen de forma máis segura e por outro achegar orde ao procedemento así como contar con tempo suficiente para efectuar as comprobacións técnicas necesarias por parte da Administración local”, explicou Alvarellos, quen subliñou que a produtiva xuntanza serviu para que os interesados poideran consultar as súas dúbidas aos técnios municipais.

Pola súa banda, Arroxo apuntou que “traballar con previsión permite que a organización deste tipo de eventos se leve a cabo coas máximas garantías de seguridade e achega claridade xurídica aos festexos, algo que repercute de existo positivo sobre os propias persoas promotoras, sobre os participantes e perosoas usarias da festa e polo tanto sobre o conxunto da cidadanía”.

Conciliar os festexos co dereito ao descanso

Outro dos obxetivos principias que persegue o Goberno local ao introducir estes cambios no sistema de traballo é asegurar a viabilidade dos festexos permitindo conciliar os intereses dos promotores co dereito ao descanso dos veciños e veciñas en cada un dos barrios e parroquias que albergan estes eventos ao longo do ano. “É necesario garantir a convivencia cidadá para que o desenvolvemento das festas sexa compatible co dereito dos veciños e veciñas ao descanso. É a mellor e única forma de garantir o seu futuro e de preservar este patrimonio cultural que tanto fala da nosa identidade como comunidade”, concluíu a rexedora.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre as comisións de festas | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo local reúnese cos representantes das comisións de festas para dar a coñecer o novo procedemento de tramitación dos festexos locais
  • O Executivo local reúnese cos representantes das comisións de festas para dar a coñecer o novo procedemento de tramitación dos festexos locais

Noticias relacionadas