O Executivo local amosa a súa repulsa ante o asasinato dunha muller na capital lucense

Luns, 28 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Executivo local condenaba hoxe o asasinato dunha muller na capital lucense.

A alcaldesa, Lara Méndez, trasladou, en nome de toda a Corporación, a súa máis enérxica repulsa non só polo presunto crime, este pasado domingo, senón tamén por todos os casos de agresións que se están a cometer contra as mulleres.

“Dende o Concello de Lugo rexeitamos e condenamos toda a violencia, especialmente a de xénero e familiar, e trasladamos tamén o noso cariño e solidariedade coas familias e persoas achegadas á vítima”.

A rexedora apelou “á necesidade de continuar traballando dende tódalas institucións na loita contra todo tipo de violencias” e pediu a máxima cautela ante o avance das investigacións que se están levando a cabo para esclarecer os feitos e poder determinar se o acontecido obedece a un novo homidicio machista”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a condena do asasinato no Concello | Descargar mp3

Noticias relacionadas