Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Executivo local amosa a súa repulsa ante o asasinato dunha muller na capital lucense

O Executivo local amosa a súa repulsa ante o asasinato dunha muller na capital lucense

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Violencia de xénero,
    • Protección da comunidade
Luns, 28 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Executivo local condenaba hoxe o asasinato dunha muller na capital lucense.

A alcaldesa, Lara Méndez, trasladou, en nome de toda a Corporación, a súa máis enérxica repulsa non só polo presunto crime, este pasado domingo, senón tamén por todos os casos de agresións que se están a cometer contra as mulleres.

“Dende o Concello de Lugo rexeitamos e condenamos toda a violencia, especialmente a de xénero e familiar, e trasladamos tamén o noso cariño e solidariedade coas familias e persoas achegadas á vítima”.

A rexedora apelou “á necesidade de continuar traballando dende tódalas institucións na loita contra todo tipo de violencias” e pediu a máxima cautela ante o avance das investigacións que se están levando a cabo para esclarecer os feitos e poder determinar se o acontecido obedece a un novo homidicio machista”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a condena do asasinato no Concello | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-executivo-local-amosa-sua-repulsa-ante-o-asasinato-dunha-muller-na-capital-lucense

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/281122_lara_mendez_-_condena_asasinato.mp3