O Executivo de Paula Alvarellos insta á Xunta a que contribúa ao incremento do número de prazas de estacionamento gratuíto na cidade

A área socialista do Goberno reclama á Administración autonómica  que execute un novo aparcadoiro no barrio de Fontiñas, tomando en consideración as opcións de localización do equipamento propostas polo Concello de Lugo.

A proposta esixe tamén poñer a disposición da veciñanza en horario de tarde e durante as fins de semana os aparcadoiros das dotacións públicas da súa titularidade na contorna do Centro Histórico.

Reclama ademáis impulsar un convenio coa Confraría do Carme para executar un aparcadoiro na traseira da súa capela en condicións similares ao acordo establecido con esta entidade antes da renuncia unilateral da mesma ao finaciamento municipal.

Xoves, 18 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos insta á Xunta a que contribúa ao incremento do número de prazas de estacionamento gratuíto na cidade

A área socialista do Goberno local instará formalmente a través do pleno á Xunta de Galicia a que contribúa ao incremento do número de prazas de estacionamento gratuíto na cidade. Deste xeito, a proposta reclama á Administración autonómica executar un novo aparcadoiro no barrio de Fontiñas, tomando en consideración as opcións de localización propostas polo Concello de Lugo, tal é como a alcaldesa Paula Alvarellos solicitoulle ao presidente Rueda na xuntaza mantida o pasado nove de xullo.

“Existe un compromiso non cumprido por parte do Goberno autonómico con Lugo e os e as lucenses, xa que no Consello da Xunta celebrado na nosa cidade en marzo de 2022, o entonces presidente, Alberto Núñez Feijoó, comprometeu a lo menos 6 millóns de euros para abordar necesidades de mobilidade na nosa cidade. A día de hoxe, destes proxectos pouco ou nada se sabe. A única obra que se atopa en execución é a do aparacadoiro disoasorio na avenida Breogán cuxo valor non chega ao 17% do importe total comprometido. Polo que é necesario que parte dese finaciamento sen executar repercuta nas necesidades reais de mobilidade da cidade cubrindo a caristia de aparacadoiros na contorna do barrio de Fontiñas”, sinalou a voceira Ana González Abelleira.

Ademais, o Executivo de Paula Alvarellos reclama impulsar un convenio coa Confraría do Carme para executar un aparcadoiro na traseira da súa capela en condicións similares ao acordo establecido con esta entidade antes da renuncia unilateral da mesma ao finaciamento municipal. A voceira municipal explicou  que a Administración local suscribiu un convenio con esta confraría para crear un aparcadoiro explotable polo Concello durante catro anos a cambio de 70.000 euros para acometer as obras de renovación da cuberta desta capela, acordo ao que esta entidade decidiu renunciar de forma unilateral o pasado mes de xuño. “A directiva da Confraría anunciou o compromiso coa Xunta para financiar estes traballos neste templo por un importe de 140.000 euros. Unha vez feita pública esta información, entendemos que é agora responsablidade exclusiva da Administración autonómica recuperar o espírito deste convenio. Deste xeito, instamos á Xunta a acordar un período de explotación acorde ao financiamento anunciado, é dicir, 8 anos polos 140.000 euros,  e así pór a disposición da cidadanía este necesario aparcadoiro”, precisou.

Así mesmo, a voceira municipal fixo fincapé na necesidade de  abrir en horario de tarde e durante as fins de semana os aparcadoiros das dotacións públicas de titularidade autonómica na contorna do Centro Histórico. “O labor da Xunta non debe limitarse a esta necesaria intervención no barrio de Fontiñas ou a recuperación do convenio coa Confraría do Carme. É preciso que o Goberno galego, como lle solicotuo este grupo en diversas ocasións e lle recorsou a alcaldesa na súa xuntanza, amose o seu compriso cos e coas lucenses e poña a súa disposición os aparcadoiros das súa dotacións públicas. Deste xeito, instalacións como a do edificio adminisrativo da Xunta da Rolda da Muralla ou os equipamentos educativos sitos na avenida Ramón Ferreirio poderían contribuír a ampliar o número de prazas de aparcadoiro na zona urbana”,  proesguíu a portavoz socialista. 

Máis de 1550 prazas de nova creación

“É necesario que a Xunta deixe de mirar para outro lado e asuma o seu corpromiso con Lugo”, afirmou González Abelleira, quen puxo en valor o labor desenvolto desde o Goberno local nesta materia. “O noso traballo tradúcese en máis de 1.550 novas prazas de estacionamento creadas nos últimos anos entre os sete aparcadoiros situados nos barrios, os 700 postos na contorna do Hula, outros 80 postos nas inmediacións da zona amurallada coa apertura do edificio administrativo ou a creación o pasado mes de xuño de 50 novas prazas  nas inmediacións da estación de tren. A todo isto súmase o impulso á colaboración interadministrativa coa Deputación a través da que se poñerán a disposición da veciñanza 165 novas prazas nas instalacións do antigo fogar de Santa María”, concluíu.

Audio

  • A edil Ana González Abelleira, sobre os aparcadoiros | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos insta á Xunta a que contribúa ao incremento do número de prazas de estacionamento gratuíto na cidade

Noticias relacionadas