O Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo contará por primeira vez cun punto de informacion da UNED

Lara Méndez recordou que o Concello de Lugo colaborou na remodelacion do novo centro da UNED que a dia de hoxe está a pleno rendemento.

Permanecerá aberto desde hoxe ao 10 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas da mañá e de 17:00 a 21:00 horas da tarde, de luns a venres. 

Ofrecerá información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades da UNED, así como tamén axuda e asesoramento para a matrícula.

Luns, 23 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo contará por primeira vez cun punto de informacion da UNED

O edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo contará cun punto de informacion  da UNED aberto desde hoxe ao 10 de outubro, así o anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que convidou a ”achegarse a esta oficina a todas aquelas persoas interesadas en saber que se pode estudar na UNED, onde recibirán información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades que se ofertan nesta universidade”. 

A alcaldesa agradeceu a Ana Belén Traseira directora da UNED, que puxera en marcha esta iniciativa na que “o Concello de Lugo colabora poñendo a disposición da UNED unha zona no Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello, ubicada na primeira planta. Non é a primeria vez que dende o Concello nos implicamos ca UNED como é a remodelacion do novo centro que a dia de hoxe está a pleno rendemento e conta cunhas muy boas instalacións ademáis do corpo técnico, dirección, docentes...”

O punto de informacion estará a disposición de todas as personas que  desexen recibir información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades que a UNED pon a disposición de todas e todos ademáis de ofrecer tamén axuda e asesoramento para formalizar a matrícula. O horario de atención será  de 10:00 a 13:00 horas da mañá e de 17:00 a 21:00 horas da tarde, de luns a venres.

Audio

Noticias relacionadas