Rubén Arroxo anuncia unha charla con Sonia Villapol sobre a contaminación das celulosas

O acto terá lugar mañá, mercores 11, a partir das 19:00 no Vello Cárcere.

Martes, 10 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia unha charla con Sonia Villapol sobre a contaminación das celulosas

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Vello Cárcere acollerá unha charla-coloquio aberta ao público coa recoñecida neurocientífica Sonia Villapol, centrada no impacto da industria das celulosas na saúde da poboación e na análise do caso Altri.

Rubén Arroxo destaca a importancia deste encontro para a cidadanía lucense, que falará sobre o impacto da industria da celulosa na saúde, e sobre a información que se coñece sobre Altri.

A charla ofrecerá unha oportunidade única para coñecer de primeira man a visión experta de Sonia Villapol sobre os riscos e consecuencias da contaminación xerada polas plantas de celulosa, un asunto de máxima actualidade e relevancia social en Galiza.

Audio

  • O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre a charla de Sonia Villapol | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo anuncia unha charla con Sonia Villapol sobre a contaminación das celulosas

Noticias relacionadas