O Concello ultima os detalles para a Cabalgata de Reis, que arrincará ás 17:00 horas e rematará cun paseo das Maxestades pola rúa da Raíña

Lara Méndez e Carmen Basadre mantiveron unha xuntanza con mandos da Policía Local e representantes de Protección Civil e do Parque Móbil para garantir a seguridade neste evento, que este ano contará con 5 carrozas

Martes, 27 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ultima os detalles para a Cabalgata de Reis, que arrincará ás 17:00 horas e rematará cun paseo das Maxestades pola rúa da Raíña

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con mandos da Policía Local e representantes de Protección Civil e do Parque Móbil avanzaron este martes nos detalles organizativos e de seguridade da tradicional Cabalgata de Reis, que arrincará unha hora antes do que viña sendo habitual nos últimos anos, ás 17:00 horas, dende o Parque da Milagrosa. Deste xeito, a entidade local deseñará un operativo de tráfico, extremará as precaucións e plantexará medidas de seguridade especiais ante a conglomeración de xente que esperta este desfile, que contara con 5 carrozas, as tres das Maxestades de Oriente e dous carruseis infantís, ademais de diferentes representacións teatrais e actuacións musicais.
Como novidade, as Maxestades realizarán paseo a pé pola rúa da Raíña ata a Casa Consistorial onde serán recibidos pola rexedora. Tras dirixirse aos visitantes congregados na Praza Maior, escoitarán as peticións dos máis cativos.

Este ano, a Praza de Santo Domingo, xunto coa Praza Maior, terá especial relevancia cun espectáculo sorpresa.

Noticias relacionadas