O Concello tinguirase de azul polo Día Mundial da Diabetes e coa iniciativa ‘Acende o teu compromiso’ de Manos Unidas

Xoves, 12 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Benestar Social colabora con ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia) na celebración e visibilización do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora este sábado 14 de novembro, tinguindo a Casa Consistorial de azul dende mañá, día 13 de novembro, a partir das oito da tarde, ata o domingo 14.

“Trátase dun día para ter presente ao tratarse dunha enfermidade que ninguén é libre de padecer e resulta moi importante a formación e información pola importancia vital que supón o control na nutrición e unha detección precoz” explicou Olga López.

Do mesmo xeito, este sábado tamén se colabora con Manos Unidas na iniciativa de sensibilización baixo o lema “Acende o teu compromiso" onde a Casa Consistorial tamén se tinguirá de azul este sábado, a partir das 18.15h, en apoio á iniciativa de sensibilización baixo o lema “Acende o teu compromiso".

A VIII edición desta iniciativa de sensibilización, desenvolveráse cun obxectivo claro: crear un halo de luz virtual que ilumine o mundo para acabar, xuntos, coas “partes  ensombrecidas” causadas pola fame, as desigualdades e as inxustizas que seguen existindo. Unha edición marcada pola pandemia que sofre o mundo desde comezos de 2020 cuxas cifras se están volvendo recruar estes días.  A Covid-19 cambiou as nosas vidas, apartounos dos nosos seres queridos, escureceu un ano con cifras de contagios e mortes. Pero se no Norte as súas consecuencias foron, e seguen sendo, moi graves, nos países do Sur supuxeron un mazazo engadido ao seu xa dramática situación.

Manos Unidas “ilumina” cada ano a vida de millóns de persoas nos países do Sur, a través dos case 600 proxectos de desenvolvemento que apoia en 57 países. E cada ano, desde 2013, crea tamén unha “canle virtual” para que esa luz de desenvolvemento viaxe de Norte a Sur.

Noticias relacionadas