O Concello instala o alumeado ornamental que lucirá en Lugo durante o Nadal

Estará aceso durante máis dun mes, do 2 de decembro ao 6 de xaneiro

Colócanse 153 arcos e 7 letreiros en 43 puntos da cidade

Mércores, 15 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello instala o alumeado ornamental que lucirá en Lugo durante o Nadal

O Concello de Lugo está a instalar durante estes días o alumeado ornamental de Nadal na cidade, que foi adxudicado por un importe total de 41.745 euros. O alumeado estará aceso durante máis dun mes, do 2 de decembro ao 6 de xaneiro. A instalación das infraestruturas estase a realizar coa suficiente antelación para que poida estar en servizo os días sinalados. Antes do día da data fixada para a posta en funcionamento realizaranse as probas correspondentes.

Colocaranse 153 arcos e 7 letreiros en 43 puntos da cidade: Praza Maior, Campo Castelo, rúa San Pedro, Progreso, Xoán Montes, da Raíña, das Noreas, do Teatro, Clérigos, San Froilán, Amor Meilán, Montevideo, Bolaño Ribadeneira, da Cruz, Praza do Campo, rúa Bispo Basulto, da Catedral, do Miño, Doutor Castro, Conde Pallares, praza de Santo Domingo, Soidade, rúa Bispo Aguirre, Rúa Nova, Montero Ríos, San Marcos, Mártires de Carral, Concepción Arenal, Avenida da Coruña, Camiño Real, Mallorca, Quiroga Ballesteros, Ronda das Fontiñas, San Roque, Carril das Flores, confluencia de Recatelo, Carril dos Loureiros e Isaac Díaz Pardo, Parque da Milagrosa, confluencia da Avenida da Coruña con Paulo Fabio Máximo, Fonte dos Ranchos, confluencia de San Roque e avenida de Madrid, rúa Adolfo Suárez e Ponte Romana. Disponse demais o recubrimento das árbores da Praza Maior nos troncos e ramas máis importantes con cordóns led ou fíos luminosos, un deseño específico de cubrición da fachada da casa consistorial mediante o emprego de cortinas, cordóns e outros elementos formando unha estrutura luminosa, un abeto artificial luminoso cunha altura mínima de 15 metros fronte á casa consistorial e a conexión da iluminación do quiosco, así como o recubrimento mediante cordóns led ou fío luminoso dun número suficientemente representativo de árbores existentes na Ronda das Fontiñas, no tramo comprendido entre o carril das Flores e o Carril do Xuízo, de xeito que forme un deseño conxunto, harmónico e continuo.

Noticias relacionadas