A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, participou na xornada sobre Contratos coas Administracións públicas que se celebrou esta tarde no CEI-Nodus.
Xoves, 14 de maio de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, participou na xornada sobre Contratos coas Administracións públicas que se celebrou esta tarde no CEI-Nodus.
Na xornada pronunciou unha charla o técnico municipal Manuel Louzao, que falou sobre Aspectos prácticos da contratación pública.
A xornada celebrouse atendendo unha proposta de empresas instaladas no CEI-Nodus pero foi aberta a todos a todos os emprendedores interesados en ter información sobre os procedementos que se seguen nas administracións públicas para a contratación de obras e servizos.