Rosana Rielo presentou a programación, que arrincará o vindeiro luns. As actividades terán lugar na Aula CEMIT do Castiñeiro e na de María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche da inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso aos cursos será por sorteo
Edición de fotografía e vídeo, creación de páxinas web e de videoxogos, robótica, redes sociais ou deseño gráfico son algunhas das alternativas desta programación, que tamén inclúe informática e trámites a través do móbil

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este martes a nova programación de cursos gratuítos de novas tecnoloxías, que impartirá o Concello no segundo semestre do ano, Tecnoloxíza-T!. Trátase de 25 cursos, con 323 prazas, que terán lugar na Aula CEMIT do Castiñeiro e na de María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías, dende o vindeiro luns, 11 de xullo.
No caso da aula do Castiñeiro, as actividades están dirixidas a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, e no resto, para persoas maiores de 14 anos. Así mesmo, na aula do Castiñeiro as actividades serán en xornada de mañá na época estival e en setembro, e de tarde, a partir de outubro. Na de María Balteira todas serán en quenda de mañá, ao contrario que no Edificio de Novas Tecnoloxías, que serán todas ao longo da tarde.
Edición de fotografía e vídeo, creación de páxinas web e de videoxogos, robótica, comunicación a través de redes sociais -como WhatsApp, Youtube ou Instagram-, ou deseño gráfico son algunhas das alternativas desta programación, que tamén inclúe informática, tanto iniciación como nivel intermedio, trámites a través do móbil ou iniciación ao Autocad, entre outros.
Tal e como explicou a edil, o número máximo de alumnos e alumnas é de 10 ou 15, dependendo da actividade formativa, sendo o mínimo de persoas inscritas de 8 no caso de que as prazas ofertadas sexan 15, ou de 6 no caso de 10 prazas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche da inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso aos cursos será por sorteo, que se celebrará ás 20:30 horas do propio día do peche da inscrición. A lista de persoas admitidas poderá consultarse no propio centro ou a través do Servizo de Información Municipal 010. Será necesario asistir a un 80% das horas pra recibir o diploma.
A programación
A programación, desglosada por centro, é a seguinte:
Na aula do Castiñeiro:
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA PARA NENOS/AS (nivel I)
Horario: De luns a venres de 10.00h a 13.00h
Datas: Do 11 ó 24 de xullo
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 9 de xullo
Observacións: encamiñado a nenos/as con ningún nivel informático.
- MONTA UNHA IMPRESORA 3D PARA NENOS/AS (8h)
Horario: De 10.00h a 14.00h
Datas: 30 e 31 de xullo
Número de prazas: 8
Total:8h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 26 de xullo
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático básico
- EDICIÓN DE FOTOGRAFÍA E VIDEO PARA NENOS/AS
Horario: De luns a venres de 11.00h a 13.00h
Datas: Do 6 ó 27 de agosto
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 2 de agosto
Observacións: os/as nenos/as deberán ter un nivel informático básico.
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA PARA NENOS/AS (nivel II)
Horario: De luns a venres de 11.00h a 13.00h
Datas: Do 10 ó 28 de setembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático moi baixo.
- INFORMÁTICA NIVEL INTERMEDIO PARA NENOS/AS (30H)
Horario: Luns e mércores de 18.00h a 19.30h
Datas: Do 15 de outubro ó 19 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 10 de outubro
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático básico.
- CREACIÓN DE PÁXINAS WEB
Horario: Martes e xoves de 18.00h a 19.30h
Datas: Do 16 de outubro ó 13 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 24h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 11 de outubro
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático básico
Na aula de María Balteira:
- SÁCALLE PARTIDO O TEU MÓVIL SMARTPHONE (20h)
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 11 ó 24 de xullo
Número de prazas: 10
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 9 de xullo
Observacións: encamiñado a persoas con ningún coñecemento ou coñecementos mínimos de utilización de novas tecnoloxías. É necesario contar con smartphone.
- INICIACIÓN ÁS REDES SOCIAIS
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 1 ó 14 de agosto
Número de prazas: 15
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 30 de xullo
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- COMUNÍCATE POR WHATS APP
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 20 ó 24 de agosto
Número de prazas: 10
Total: 10h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 16 de agosto
Observacións: encamiñado a persoas con ningún coñecemento ou coñecementos mínimos de utilización de novas tecnoloxías. É necesario contar con smartphone.
- TRÁMITES BANCARIOS NO TEU MÓVIL SMARTPHONE
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 27 ó 31 de agosto
Número de prazas: 15
Total:10h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 23 de agosto
Observacións: encamiñado a persoas con ningún coñecemento ou coñecementos mínimos de utilización de novas tecnoloxías. É necesario contar con smartphone.
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA (nivel I)
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 10 ó 28 de setembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: a partir 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as sen nivel informático.
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA (nivel II)
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 15 de outubro ó 6 de novembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: a partir 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 10 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático moi baixo.
- INFORMÁTICA NIVEL INTERMEDIO
Horario: De luns a venres de 11.00h a 13.00h
Datas: Do 19 de novembro ó 11 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: a partir 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 15 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TITORÍAS TECNOLÓXICAS
Horario: De 12.00h a 14.00h
Datas: O primeiro luns de cada mes a partir de novembro
Prazo de inscrición: non é necesario inscrición previa
Observacións: encamiñado a usuarios/as que necesiten aclarar calquera tipo de dúbida sobre novas tecnoloxías
Por último, no Edificio de Novas Tecnoloxías:
- INICIACIÓN AO DESEÑO GRÁFICO (20h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.30h
Datas: Do 11 ó 24 de xullo
Número de prazas: 15
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 9 de xullo
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- RETOQUE DE FOTOGRAFÍAS (20h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 1 ó 20 de agosto
Número de prazas: 15
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 30 de xullo
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- INICIACIÓN Á IMPRESIÓN 3D (10h)
Horario: De luns a venres de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 27 ó 31 de agosto
Número de prazas: 10
Total:10h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 23 de agosto
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- APRENDE A SER YOUTUBER (6h)
Horario: De luns a venres de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 10 ó 12 de setembro
Número de prazas: 10
Total:6h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- APRENDE A SER INSTRAGRAMER (6h)
Horario: De luns a venres de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 17 ó 19 de setembro
Número de prazas: 10
Total:6h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 13 de setembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- INICIACIÓN AO AUTOCAD (40h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 1 ó 31 de outubro
Número de prazas: 15
Total: 40h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 27 de setembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- MONTA UNHA IMPRESORA 3D (8h)
Horario: Sábados 17.00h a 21.00h
Datas: Do 20 e 27 de outubro
Número de prazas: 10
Total:8h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 18 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- CREACIÓN DE VIDEOXOGOS (30h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 5 ó 28 de novembro
Número de prazas: 10
Total: 30h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA (12h)
Horario: Sábados 17.00h a 21.00h
Datas: Do 3 e 17 de novembro
Número de prazas: 10
Total:12h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TRÁMITES ELECTRÓNICOS COA ADMINISTRACIÓN (4h)
Horario: Sábado 17.00h a 21.00h
Datas: 24 de novembro
Número de prazas: 15
Total: 4h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 22 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- NEGOCIOS ON-LINE (20h)
Horario: De luns a xoves de 19.00h a 21.00h
Datas: Do 3 e 18 de decembro
Número de prazas: 15
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 29 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA (12h)
Horario: De mércores a venres 17.00h a 21.00h
Datas: Do 26 e 28 de decembro
Número de prazas: 10
Total:12h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 21 de decembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TITORÍAS TECNOLÓXICAS
Horario: De 17.00h a 19.00h
Datas: O último sábado de cada mes a partir de outubro
Prazo de inscrición: non é necesario inscrición previa
Observacións: encamiñado a usuarios/as que necesiten aclarar calquera tipo de dúbida sobre novas tecnoloxías.
Audio
- Rosana Rielo, sobre a programación das Novas Tecnoloxías | Descargar mp3