O concello de Lugo traslada á autoridade laboral o decreto polo cal mantén os pagos ás empresas malia a redución de actividade

A empresa adxudicataria do servizo de comedores escolares decidiu presentar un ERTE desoíndo as propostas do goberno municipal

Felipe Rivas: “malia que a lexislación do Estado permite isto, desde o goberno municipal queremos manter os postos de traballo de todas as empresas”

Luns, 13 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concello de Lugo poñerá en coñecemento das autoridades en materia laboral o decreto polo cal se manteñen os contratos coas diferentes empresas mentres dure a crise sanitaria do COVID-19. Esta comunicación realízase despois de que a empresa adxudicataria do servizo de comedores escolares decidise presentar un ERTE, desoíndo as propostas que se lle trasladaron desde o goberno municipal.

“Unha das primeiras decisións tomadas polo goberno municipal tras a declaración da emerxencia sanitaria foi a de manter a vixencia de todos os contratos”, afirmou o edil de Educación, Felipe Rivas, que engadiu “queremos garantir a estabilidade laboral de todas as traballadoras e traballadores que dan servizo ás distintas áreas do Concello”.

Segundo afirmou Felipe Rivas, “mais desde o goberno municipal non vemos a razón para levar a 40 traballadoras ao ERTE cando estamos á disposición da empresa para manter o contrato a pesar de que a lexislación estatal o permita ”.

Noticias relacionadas