O Concello de Lugo súmase ós actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama

Lara Méndez incide en que “a loita contra esta patoloxía pasa por dotar á sanidade de medios e de fondos á investigación, así como por crear conciencia de prevención”

Luns, 19 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase ós actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación, participaron este luns na Praza Maior nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama. O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o Grupo El Progreso para apoiar ás mulleres na súa loita diaria para superar esta enfermidade, pero tamén ás súas familias e amigos.

Ao acto asistiu María Luz Abella, Presidenta AECC; Blanca García Montenegro, Presidenta de El Progreso xunto con Pilar, afectada que deu voz ao manifesto neste ano 2020 cun diagnóstico de máis de 32.953 novos cancros de mama.

Lara Méndez lembrou que “o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais”. lembrando, tamén, que “a mellor forma de loitar contra esta patoloxía é dotar á sanidade de máis medios e de maiores fondos á investigación, así como crear máis e máis conciencia para que ás mulleres fagamos tamén todo que está nas nosas mans na prevención a través das revisións, para coidarnos” destacou a rexedora.

Noticias relacionadas