O Concello de Lugo, súmase de novo á campaña ‘Recicla Vidrio por Ellas’

A Praza de Ferrol contará con dous contedores rosas con motivo da campaña ‘Recicla Vidrio por Ellas’

Ecovidrio doará un euro por cada quilo de envases de vidro

Venres, 11 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo, súmase de novo á campaña ‘Recicla Vidrio por Ellas’

O Concello de Lugo, tinguese de rosa outro ano máis, sumándose a campaña promovida por Ecovidro con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama ‘Recicla Vidro por Elas’ co dobre obxectivo de fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos e contribuír ao mesmo tempo á recadación de fondos para a loita contra esta doenza.

Á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Xerente de ECOVIDRO en Galicia estiveron presentes  na presentación da campaña de recollida de vidro para concienciar sobre o cancro de mama. Lara Méndez aproveitou para recordar que “Con esta campaña pretendemos concienciar da importancia da investigación e da importancia da prevención”.

A Praza de Ferrol contará con dous contedores rosas e por cada kilo de envases de vidro que depositen os lucenses, Ecovidrio doará un euro a través da Fundación Sandra Ibarra de Solidaridad Frente al Cáncer co obxectivo de apoiar a esta institución, que, ademáis de promover novas vías de investigación e prevención levan a cabo programas que responden a necesidades reais de pacientes e sobrevivintes .

Audio

  • Lara Méndez, sobre a  campaña ‘Recicla Vidrio por Ellas’ | Descargar mp3

Noticias relacionadas