Mércores, 16 de febreiro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase ao loito oficial declarado polo naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro Villa de Pitanxo, que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes.
Esta mañá a Corporación de Lugo, coa alcaldesa ao fronte, Lara Méndez, mantivo un acto de silencio nun acto no que tamén participaron a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Deputado Provincial, Pablo Rivera.
Previo ao minuto de silencio, procedeuse á baixada das bandeiras de Lugo e de Galicia da Casa Consistorial, que ondearán a media hasta dende hoxe ate o 18 de febreiro como mostra do pesar compartido e solidariedade.