Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo súmase ao loito oficial polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo

O Concello de Lugo súmase ao loito oficial polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Mércores, 16 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase ao loito oficial polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo

O Concello de Lugo súmase ao loito oficial declarado polo naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro Villa de Pitanxo, que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes.

Esta mañá a Corporación de Lugo, coa alcaldesa ao fronte, Lara Méndez, mantivo un acto de silencio nun acto no que tamén participaron a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Deputado Provincial, Pablo Rivera.

Previo ao minuto de silencio, procedeuse á baixada das bandeiras de Lugo e de Galicia da Casa Consistorial, que ondearán a media hasta dende hoxe ate o 18 de febreiro como mostra do pesar compartido e solidariedade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-sumase-ao-loito-oficial-polo-naufraxio-do-pesqueiro-villa-de-pitanxo