O Concello de Lugo quere ser a primeira cidade galega Polo Comercio Xusto

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, deu a coñecer esta mañá que o Concello de Lugo aspira a ser a primeira cidade galega en ter o estatus de Cidade do Comercio Xusto.

Venres, 17 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Así, no Pleno de novembro, o Goberno Local presentará unha declaración para aprobar o inicio dos trámites e “institucionalizar algo que o Concello leva facendo nos últimos anos co obxetivo de potenciar e promocionar o consumo de produtos que teñen a certificación do comercio xusto” segundo explicou Rosana Rielo.

A responsable da área económica tamén lembrou que “en varios pregos licitados nos últimos anos puntuabase a aportación de produtos con certificacion de comercio xusto”. A vía do comercio xusto ofrece unha vía de cooperación ao alcande de todos convertendose en axentes de desenvolvemento ao contar estes produtos coa garantía da xustiza social, solidaria e ecolóxica.

Ademais o próximo luns 20 de outubre tamén vai a haber unha xornada aberta sobre o papel que debe desenvolver unha cidade polo comercio xusto. Será na Casa do Saber a partir das 17 horas.

Noticias relacionadas