O Concello de Lugo organiza xornadas de convivencia entre os nenos das colonias do Azkar e os de diferentes barrios de Lugo

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os cativos das colonias de verán multideporte organizadas polo Azkar Prone participarán nunhas xornadas de convivencia postas en marcha pola Concellería de Benestar Social e coas que pretenden achegar ós cativos o coñecemento dos distintos barrios da cidade.

Trátase de xornadas que duran arredor de dúas horas e que comezan ás 10:30 da mañá. Nelas os rapaces das colonias compartirán actividades ó aire libre cos cativos de distintos barrios da cidade. Haberá xogos na rúa e talleres impartidos por monitores expertos que atenderán a todos os cativos que se acheguen ata alí.

A filosofía da proposta é impulsar a integración, a convivencia e a solidariedade entre os máis cativos e que os nenos que participan nas colonias compartan un día de lecer e sumen ós seus xogos ós cativos de Lugo.

Estas xornadas está previsto que se desenvolvan os días:

-24 de xullo no barrio do Sagrado Corazón (Parque do Sagrado Corazón).
-8 de agosto no Castiñeiro
-22 de agosto na Acea de Olga

Noticias relacionadas