A executivo de Lara Méndez busca iniciar aos máis mozos, especialmente os desempregados, nun sector cunha ampla demanda laboral.
O concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, explicou que tamén “se traballará en competencias e habilidades para mellorar a autoconfianza e resiliencia”.
As inscricións ao curso, que celebrarse en abril, poden realizarse do 31 de marzo ao 12 de abril, a través da web lugomasxti.org.

O goberno de Lara Méndez desenvolverá, a través da Concellería de Xuventude, unha actividade relacionada co mundo audiovisual para a mocidade desempregada do municipio como acción formativa de iniciación nun sector cunha alta demanda profesional.
O concelleiro Mauricio Repetto explicou que será un curso teórico-práctico no que o alumnado coñecerá as distintas fases da creación de contido audiovisual, desde a preparación do guión ata a preprodución, gravación e edición. Así mesmo, “traballaremos con a mocidade en competencias e habilidades para mellorar a autoconfianza, resiliencia e a capacidade de traballo en grupo”.
A actividade, organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, dará comezo en abril. O edil explicou que “é unha iniciativa moi interesante xa que estamos na era audiovisual, onde todo o mundo ten acceso a unha ferramenta de gravación e edición como pode ser o seu propio móbil”.
A formación que é totalmente gratuíta, ten unha duración de 50 horas e 15 prazas dispoñibles. Impartirase todos os venres, do 14 de abril ao 30 de xuño, de 16.30 a 20:30 horas no CEI-Nodus.
As inscricións poden realizarse do 31 de marzo ao 12 de abril a través da web lugomasxti.org, e aceptarasen por rigorosa orde de inscrición, cumprindo os requisitos de idades e estar empadroados na cidade. Os menores de idade precisan dunha autorización firmada de pai, nai ou titor/a así como a copia do DNI.