O concello de Lugo inicia os cursos de verán no Parque Infantil de Tráfico no mes de xullo

O concelleiro que asumirá Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, reuniuse co responsable do P.I.T., José Luis Machado

Máis dun cento de nenos e nenas participarán nos cursos  que se desenvolverán durante o mes de xullo en horairos de mañá e tarde

Xoves, 27 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello de Lugo inicia os cursos de verán no Parque Infantil de Tráfico no mes de xullo

O edil que asumirá as responsabilidades de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza co director do Parque Infantil de Tráfico, José Luis Machado, para coñecer os pormenores dos cursos de verán que se desenvolverán durante o mes de xullo. Segundo informou o responsable do P.I.T. Máis dun cento de nenos e nenas participarán nos cursos  que se desenvolverán en horairos de mañá e tarde. Os cursos estarán impartidos polo monitor Jesús Losada e polo director do P.I.T., José Luis Machado.

Os cursos serán semanais con quendas de mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas, e tarde, entre as 17:30 e as 20:00 horas. Celebraranse nas instalacións do  Parque Infantil de Tráfico no Parque da Milagrosa e terán un parte teórica e outra parte práctica. Na parte prácticas as nenas e nenos poderán practicar en bicicleta e kart. Tamén haberá unha quenda especial para ciclomotor. Serán un total de 105 participantes, divididos en 7 quendas e as idades van dende os 8 aos 16 anos.

A programación, amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo, está organizada polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado.

Audio

  • O edil en funcións Felipe Rivas, sobre os cursos de verán no PIT | Descargar mp3

Multimedia

  • O concello de Lugo inicia os cursos de verán no Parque Infantil de Tráfico no mes de xullo

Noticias relacionadas