Domingo, 19 de outubro de 2025
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento da moza que resultara ferida no desfile de gando celebrado o pasado 5 de outubro con motivo das festas do San Froilán.
Esta administración local traslada o seu máis sincero pésame e todo o seu cariño á familia e ás persoas achegadas, nun momento de enorme dor que conmociona a toda a cidade.
Desde a corporación municipal maniféstase tamén o agradecemento a todas as persoas e servizos de emerxencia que prestaron a súa colaboración e apoio durante aquel suceso.
O Concello de Lugo acompaña coa súa solidariedade e agarimo á familia e amizades da vítima nestes difíciles momentos.
Descanse en paz.

