Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo expresa o seu profundo pesar polo falecemento da moza ferida no desfile de gando do San Froilán

O Concello de Lugo expresa o seu profundo pesar polo falecemento da moza ferida no desfile de gando do San Froilán

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Domingo, 19 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo expresa o seu profundo pesar polo falecemento da moza ferida no desfile de gando do San Froilán

O Concello de Lugo quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento da moza que resultara ferida no desfile de gando celebrado o pasado 5 de outubro con motivo das festas do San Froilán.

Esta administración local traslada o seu máis sincero pésame e todo o seu cariño á familia e ás persoas achegadas, nun momento de enorme dor que conmociona a toda a cidade.

Desde a corporación municipal maniféstase tamén o agradecemento a todas as persoas e servizos de emerxencia que prestaron a súa colaboración e apoio durante aquel suceso.

O Concello de Lugo acompaña coa súa solidariedade e agarimo á familia e amizades da vítima nestes difíciles momentos.

Descanse en paz.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-expresa-o-seu-profundo-pesar-polo-falecemento-da-moza-ferida-no-desfile-de