A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación deste servizo que levará a cabo a empresa Repasegur Galicia, durante un máximo de tres anos
Ademais, aprobáronse seis licenzas urbanísticas por valor de 252.000 euros, entre elas a reforma dun local no Carril dos Loureiros para sede da AECC en Lugo
- Tema

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá a contratación do servizo de mantemento, conservación e reparación das instalacións deportivas municipais, por un importe total de 100.000 euros. A empresa adxudicataria foi Repasegur Galicia, que presentou a oferta máis vantaxosa. O contrato terá unha duración dun ano, podendo prorrogarse ata un máximo de tres anualidades.
Por outra banda, aprobáronse seis licenzas urbanísticas por valor de 252.000 euros. As licenzas inclúen a instalación dun ascensor no edificio de vivendas sito na rúa Manuel Amor Meilán, por un importe de 59.852 euros; o acondicionamento dun local para sede da Asociación Española Contra o Cancro, situado no Carril dos Loureiros, por valor de 131.557 euros; a reforma dun edificio na rúa Tinería, para uso hoteleiro, por 5.084 euros; a modificación en execución de dúas naves de porcino, fosa de xurro e instalacións auxiliares, en Ferreiros (Adai), por 5.142 euros; a rehabilitación, demolición de nave e catas en falsos teitos e tabiquería, para coñecer o sistema e estado da estrutura dun edificio que se pretende reestruturar na rúa do Progreso, por importe de 25.512 euros; e a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas situado na rúa San Antonio, por valor de 25.100 euros.
Audio
- Miguel Fernández, sobre as instalacións deportivas municipais | Descargar mp3