O Concello de Lugo, coa accesibilidade universal

Ana Abelleira e Manuel Núñez participaron nunha xornada de accesibilidade, que baixo o lema #PonteNasMiñasBotas buscaba que os participantes afrontaran as dificultades coas que se atopan a miúdo persoas con algunha diversidade

Xoves, 08 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo, coa accesibilidade universal

#PonteNasMiñasBotas. Ese foi o lema da Xornada de Fomento de Accesibilidade Universal que se celebrou este xoves na Praza da Soidade, organizada por distintos colectivos que promoven unha accesibilidade plena, coa finalidade de que a cidadanía se puxera na pel e afrontar as dificultadas coas que se atopan persoas con diversidade funcional, auditiva ou visual.

Esta experiencia viviuna en primeira persoa a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o edil de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, respectivamente; que realizaron un itinerario en cadeira de rodas e outro co bastón blanco guía. Nesta iniciativa tamén participaron outros membros da Corporación Municipal, así como o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outras autoridades.

Para Ana Abelleira, a celebración desta xornada "é necesaria para que todas as persoas poidan ser conscientes das distitnas barreiras e da necesidade de que entornos ou servizos sexan accesibles".  A edil tamén tivo palabras de agradecemento para os colectivos sociais organizadores (AUXILIA, PREDIF, Raiolas, ASORLU, UDP, ONCE),  cos que o Concello mantén unha ampla colaboración, principalmente, a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade, que nos últimos anos permitiu actuar con eficacia para eliminar as barreiras arquitectónicas e adaptar a cidade a toda a cidadanía luguesa e visitante.

Esta xornada tamén pretendía servir como ferramenta de sensibilización social, ademais de ser un punto de encontro para as persoas representantes das distintas discapacidades da cidade de Lugo, para poder compartir e debater sobre cales son as necesidades prioritarias en canto á accesibilidade do seus respectivos colectivos.

En materia de accesibilidade, o Concello, nos últimos dous anos creou itinerarios accesibles na Praza Maior, da Soidade e Pío XXI, así como na rúa Soto Freire; repintou 43 prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida en diferentes puntos da cidade e acometeu tarefas de mellor en rúas como a Avenida da Coruña, Montevideo, Ronda da Muralla ou Lamas de Prado. Tamén puxo en funcionamento  colectores adaptados e recibiu un accésit por Smart City nos premios europeos de accesibilidade.

Multimedia

  • O Concello de Lugo, coa accesibilidade universal
  • O Concello de Lugo, coa accesibilidade universal

Noticias relacionadas