Entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans

Mércores, 07 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, participou hoxe no acto de entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Este certame ten como obxectivo fomentar o uso da lingua de signos, promover a inclusión e impulsar o galego no ámbito educativo.

Nesta edición, o CEIP Plurilingüe de Nadela foi distinguido co Premio do Xurado, en recoñecemento ao seu compromiso cunha educación accesible, diversa e de calidade.

Buide quixo trasladar os seus parabéns á organización, ao alumnado e ao profesorado pola súa implicación e esforzo, e salientou que “iniciativas como esta demostran que é posible facer das aulas espazos máis inclusivos, participativos e enriquecedores para todo o alumnado”.

Multimedia

  • Entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans
  • Entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans
  • Entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans

Noticias relacionadas