O Concello colabora coa I Festa da Tinería que a asociación empresarial Itineris organiza o sábado para dinamizar a zona

O viveiro de empresas a pé de rúa que creará o Goberno en 9 locais comerciais está a xerar un gran interese: rexistráronse máis de 1.100 entradas na páxina de Facebook do 010 para consultar a iniciativa dende que se deron a coñecer as bases o pasado venres

Mércores, 30 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora coa I Festa da Tinería que a asociación empresarial Itineris organiza o sábado para dinamizar a zona

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores no acto de presentación das actividades da I Festa da Tinería, que organizou a asociación de empresarios e empresarias Itineris para este sábado co fin de visibilizar e poñer en valor o barrio. Méndez felicitou ao colectivo por impulsar esta iniciativa, coa que colabora o Concello, pois contribúe ao “obxectivo común” de dinamizar esta emblemática zona da cidade. “A achega das administracións é importante, pero tamén a iniciativa social e empresarial é imprescindible para revaloralizar A Tinería”, asegurou a Alcaldesa, que animou a Itinere para que esta primeira festa teña vocación de continuidade.

Segundo explicou a rexedora, o compromiso do Concello coa Tinería pasa na actualidade pola estratexia DUSI -o programa financiado con fondos europeos Muramiñae, da Muralla ao Miño-, cuxo ámbito de actuación linda co barrio e polo tanto supoñerá un importante revulsivo e, de maneira inmediata, a creación dun viveiro de empresas a pé de rúa en 9 locais comerciais. A iniciativa está a xerar un gran interese, como demostra que se rexistraron máis de 1.100 entradas na páxina de Facebook do 010 para consultar a iniciativa dende que o Goberno aprobou e deu a coñecer as bases o pasado venres, hai só cinco días.

No acto de presentación da I Festa do Barrio da Tinería, que incluirá diversas actuacións musicais, participaron representantes da asociación Itineris e da Xunta.

Noticias relacionadas