O censo para as eleccións xerais está á exposición pública ata o 12 de xuño

Venres, 02 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que, durante o período comprendido entre os días 5 e 12 de xuño, ambos os dous inclusive, está exposto ao público o censo electoral pechado a día 01.03.2023, ao obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados/as poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ao voto.

O censo estará exposto nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197, en horario de 9.00 a 14.00 horas, os días laborais, e de 10.00 a 14.00 horas, o sábado 10 e o domingo 11 de xuño.

Noticias relacionadas