O cartel anunciador do Arde Lvcvs 2023, realizado polo lucense Borja Mirón, representa o lume da festa que non se apaga

A obra, que pasou primeiro o filtro da votación popular, foi seleccionada polo xurado, que destacou a limpeza do cartel, “directo e moi orixinal”.

 
Luns, 13 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O cartel anunciador do Arde Lvcvs 2023, realizado polo lucense Borja Mirón, representa o lume da festa que non se apaga

O cartel que anunciará a festa do Arde Lvcvs 2023 é obra do lucense Borja Mirón Chaos, quen o presentou baixo o título ‘Lucus Ignis’. O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, felicitouno hoxe tras coñecerse o fallo do xurado.

O xurado, integrado polo artista Manuel Andrés Pallín; por Mónica López, licenciada e doutorada en Belas Artes, e Antonio Cruz, profesor da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, valorou especialmente a limpeza do cartel, “directo e moi orixinal onde o autor foi capaz de plasmar nunha chama o espírito e o lume da Arde Lvcvs, unha festa que non se apaga".

Repetto destacou que non foi una elección sinxela debido a alta calidade e o elevado número de propostas recibidas.

A entrega de orixinais efectuouse na Casa da Xuventude, onde quedarán expostos os 36 traballos presentados ao concurso. Todos eles pasaron primeiro polo filtro das redes sociais do Arde Lvcvs, onde se fixo unha votación popular na que participaron preto de 5.000 persoas para a preselección. O 50% dos carteis máis votados sometéronse á elección final do xurado. O gañador recibirá un premio valorado en 1.500 euros.

Noticias relacionadas