O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron entrega dos premios de relato curto Trapero Pardo. Nesta cita literaria que ademais nesta edición celebrou o seu vinte aniversario, participaron mozos e mozas de colexios da provincia de Lugo.

López Orozco felicitou aos gañadores e agradeceu a participación tanto dos propios alumnos como dos profesores e pais, ademais de explicarlles que “estes certames demostran que somos quen de facer cousas que aínda non están escritas e por iso a mellor aposta é a inversión en coñecemento”.
Neste sentido, Esther Muñóz explicou que dende o Concello “se vai a seguir apoiando este certame porque cremos que é importante para que os mozos e mozas poidan desfrutar da experiencia de escribir e participar nun certame e que plasmen as súas ideas a través de relatos”.
López Orozco e Esther Muñóz procederon á entrega dos galardóns aos premiados nas distintas categorías:
CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS
1º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Nunca Medrar do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo).
2º Premio: Iago Penalonga Arribas coa obra A Vila da felicidade do Colexio PP Franciscanos de Lugo.
3º Premio: Silvia Díaz Rodríguez coa obra O tesouro do avó do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo).
CATEGORIA DE 15-18 ANOS
1º Premio: María Sonsoles Quiroga Gutierrez coa obra Os saltadores do Muro do CPR San José de Lugo.
2º Premio: Antía Sánchez Magdalena coa obra A un paso dos teus soños do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)