A próxima edición aunará actos novidosos con outros de lembranza dos comezos dunha festa que cos anos converteuse en referente para outros eventos de recreación histórica.
Para Jorge Bustos “coñecer xa as datas do vindeiro ano permite a moitos visitantes planificar con antelación a súa estadía en Lugo, o que tamén favorece ao sector hoteleiro”
Para a toma desta decisión tivéronse en conta as datas de celebración do Corpus e da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, unha vez confirmadas co Obispado.

A área de Xuventude do Concello de Lugo, encargada de organizar o Arde Lvcvs, deu hoxe a coñecer as datas para a vindeira edición, a vixésimo quinta, que terá lugar do 18 ao 21 de xuño de 2026. Será unha edición especial que, polo seu 25 aniversario, aunará actos novidosos con outros de lembranza dos comezos dunha festa “que co paso dos anos converteuse en referente para outros eventos de recreación histórica, tanto a nivel nacional como internacional”, sinala o edil desta área, Jorge Bustos.
O concelleiro explica que “coñecer xa as datas do vindeiro ano permite a moitos visitantes que estiveron estes días en Lugo e que marchan coa idea clara de volver o ano que vén, planificar a súa estadía en Lugo con antelación”. Esta situación tamén favorece ao sector hoteleiro, de cara ás reservas de prazas na cidade. “De feito moita xente contounos que practicamente reservan dun ano para outro, como ocorre con outros eventos de nivel como poden ser o Caudal Fest ou o Resurrectión Fest”, comenta Bustos.
Para decidir as datas da próxima edición tivéronse en conta varios factores, entre eles, as fechas do Corpus e da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, actos relixiosos, cuxas procesións percorren unhas rúas e prazas que durante o Arde Lvcvs son un dos puntos estratéxicos da festa, e que polo tanto fai inviable que ambos eventos se desenvolvan a mesma fin de semana.
Unha vez rematado o Arde Lvcvs e cando aínda se está a facer balance desta edición, o edil de Xuventude sinala que “xa estamos traballando na seguinte. Incluso durante os días da festa, xa vimos algunhas cousas que pódense mellorar de cara ao ano que vén; tivemos novas ideas para incorporar ao evento, e aproveitamos para falar coas asociacións lucenses e de fóra sobre novas actividades coas que seguir innovando”. Non cabe dúbida de que “será un ano moi especial, polo que xa estamos a traballar para mellorar a programación ao tempo que poñeremos en valor todo o que se conseguiu. O Arde Lvcvs naceu como unha festa sen grandes pretensións, e co paso dos anos foi crecendo, acadando recoñecementos a nivel autonómico, nacional e internacional, e aínda así, nas últimas edicións comprabamos que aínda pode crecer máis”, explica Jorge Bustos.
Audio
- O concelleiro, Jorge Bustos, sobre as próximas datas do Arde Lvcvs | Descargar mp3


