Novas Tecnoloxías aposta pola conciliación, tamén en Nadal, cun curso de deseño de tarxetas dixitais dirixido a maiores de 8 anos

A actividade, que é gratuíta, desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, dende o 23 de decembro ate o 3 de xaneiro

Martes, 17 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Novas Tecnoloxías aposta pola conciliación, tamén en Nadal, cun curso de deseño de tarxetas dixitais dirixido a maiores de 8 anos

Aproveitar as vacacións de Nadal para aprender e desfrutar… no caso das e dos máis pequenos e, no das familias, posibilitar a conciliación durante as mañás.

Con eses dous obxectivos a área de Alcaldía ofrece un obradoiro de tarxetas de felicitación dixitais no que a rapazada de entre 8 e 15 anos poderá crear e deseñar postais navideñas, de aniverario e mesmo escribirlle a carta aos Reis Magos.

A actividade terá lugar no Edificio de Novas Tecnoloxías do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, en horario de 11:00 horas a 13:00 horas. E súmase, así, ao resto de propostas municipais que dende as concellerías de Benestar e Muller e Xuventude se organizan nestas datas para ofrecer alternativas de ocio e entretemento no tempo de lecer que teñen estes días as e os cativos lucenses polo parón escolar.

O curso, que dispón de 15 prazas, é gratuíto e as persoas interesadas poderán apuntarse ata o vindeiro sábado, día 21, ben no propio centro ou chamando ao 982.29.73.77. Concederanse segundo rigurosa orde de inscrición.

Noticias relacionadas