A Alcaldesa destacou a importancia desta celebración, que se celebrará este fin de semana, para axudar a desestacionalizar a oferta de atracción de visitantes á cidade.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou hoxe na presentación da 103 Exposición Nacional Canina de Galicia, 104 Exposición Nacional Canina de Galicia e 46 Exposición Internacional Canina de Galicia, “cita que nesta edición contará con preto de 2.000 inscritos – 400 máis que na pasada edición - o que é un éxito cada vez maior ten participantes, xa que crecen un 25%, e de expositores caninos, así como en número de visitantes”, sinalou.
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá esta fin de semana exposicións e dúas probas de Agility que puntúan para o Campionato do Mundo.
O canino é un sector socioeconómico importante e aínda descoñecido, pero que atrae una importante cantidade de afeccionados de diferente índole. “Unha cita que impulsará o turismo, por iso a elección das datas de celebración do evento coincide en xaneiro para poder desestacionalizar a oferta de atracción de visitantes e dinamizar así a economía local fóra dos meses de verán”.
O sábado, 28 de xaneiro, será a 103 Exposición Nacional Canina de Galicia e o domingo, 29 de xaneiro. se celebrará a 104 Exposición Nacional Canina de Galicia & 46 Exposición Internacional Canina de Galicia.
A alcaldesa, Lara Méndez, estivo acompañada na presentación polo presidente da Sociedade Canina Galega, Agustín Fontán, e polo xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, quen agradeceu “a implicación do Concello de Lugo dende a primeira edición”.