Venres, 09 de decembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este venres, no Salón de Plenos do Concello, a un grupo de cincuenta nenas e nenos que cursan segundo de primaria no colexio María Auxiliadora, que viñan acompañados de 3 mestres.
No encontro, os cativos e cativas, de 7 e 8 anos de idade, amosaron curiosidade polo labor desempeñado polo Goberno Municipal e por cuestión relativas á toma de decisións nun Concello. A edil atendeu as preguntas dos cativos e cativas, que mostraron interese nas melloras que se van realizar nos distintos parques infantís do noso municipio.
A visita rematou, como é costume, coa foto de familia dos nenos e nenas cos seus profesores e a propia Concelleira.