Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nenas e nenos de 2º de primaria do colexio María Auxiliadora visitan o Concello para coñecer, da man de Ana Prieto, o labor da Corporación Municipal

Nenas e nenos de 2º de primaria do colexio María Auxiliadora visitan o Concello para coñecer, da man de Ana Prieto, o labor da Corporación Municipal

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Venres, 09 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nenas e nenos de 2º de primaria do colexio María Auxiliadora visitan o Concello para coñecer, da man de Ana Prieto, o labor da Corporación Municipal

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este venres, no Salón de Plenos do Concello, a un grupo de cincuenta nenas e nenos que cursan segundo de primaria no colexio María Auxiliadora, que viñan acompañados de 3 mestres.

No encontro, os cativos e cativas, de 7 e 8 anos de idade, amosaron curiosidade polo labor desempeñado polo Goberno Municipal e por cuestión relativas á toma de decisións nun Concello. A edil atendeu as preguntas dos cativos e cativas, que mostraron interese nas melloras que se van realizar nos distintos parques infantís do noso municipio.

A visita rematou, como é costume, coa foto de familia dos nenos e nenas cos seus profesores e a propia Concelleira.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/nenas-e-nenos-de-2o-de-primaria-do-colexio-maria-auxiliadora-visitan-o-concello-para-conecer