O rexedor fixo balance do esforzo económico e administrativo activado desde o Concello cando se cumpre un lustro desde o inicio da crise sanitaria e social máis dura do século.
“Soubemos anticiparnos e anunciamos ese mesmo día unha liña de axudas directas por valor de 5 millóns de euros. Fomos a primeira administración en preparar estas achegas, e tamén en abonalas”, sinalou.
“O esforzo social realizado nese momento de máxima dureza queda patente nas persoas usuarias de servizos municipias como Xantar no Fogar, que duplicou o seu número durante este periodo”, recordou Fernández.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou esta mañá o parque da Lembranza, onde se alza o conxunto escultórico en recordo das vitimas da Covid-19, para rendir homenaxe ás persoas damnificadas e a todos os colectivos sociais que interviron durante este periodo de crise sanitaria e social. “Sen ningunha dúbida no momento social máis duro que enfrontamos neste século toda a veciñanza luncese mostrou a súa capacidade de superar obstaculos e traballou unida para minimizar o máximo posible as consecuencias deste periodo”, afirmou.
O rexedor fixo balance do esforzo económico e político activado desde a Administración local cando se cumpre un lustro desde o inicio da crise sanitaria e social máis dura do século.“Soubemos anticiparnos e anunciamos ese mesmo día liñas de axudas directas por valor de 5 millóns de euros. Fomos a primeira administración en preparar estas achegas, e tamén en abonalas”, sinalou o rexedor facendo referencia a iniciativas como o Plan Reanima.
“Esta iniciativa foi a primeira medida de choque que activamos cun obxectivo claro: inxectar liquidez a nosa economía local cando o confinamento nos obrigou a parar e a recluírmos nos nosos fogares. Foron máis de 3.400 os beneficiarios e beneficiarias destas axudas que axudaron a facer fronte aos gastos nunha situación de tanta complexidade”, explicou.
“O esforzo social realizado nese momento de máxima dureza queda patente nas persoas usuarias de servizos municipias como Xantar no Fogar, que duplicou o seu número durante este periodo. Intentamos atender todas as necesidades asistenciais das e dos nosos maiores, mellorando o seu coidado e calidade de vida pero contribuíndo tamén a que se desenvolvan con autonomía e poidan permanecer nos seus fogares”, recordou Fernández quen destacou que o Goberno dirixido por Lara Méndez en 2020 destinou máis de 28 millóns a políticas sociais.
Ademais, co propósito de salvagardar os empregos, adoptamos de xeito inmediato outras decisións que agora co tempo comprobamos que foron acertadas. Deste xeito acelerouse o abono de facturas a provedores, aos que inxectamos máis de 18 millóns de euros en liquidez nos dous primeiros meses da pandemia. Tamén se exoneraron os alugueiros municipais ás 44 empresas aloxadas no CEI Nodus e aos 66 comerciantes da Praza de Abastos e Mercado Municipal, aprazamos o pago de impostos, como o IBI, para protexer a economía das familias, emprendedores e empresas, así como as taxas urbanísticas”, recordou Fernández.
“Nesta liña, activouse a estratexia ‘Lugo Seguro’, e tamén nos adiantamos ofrecendo cursos de formación nos comercios e na hostalaría para xerar confianza na clientela, aos que se sumaron máis dun centenar de establecementos. Lanzouse nese tempo a plataforma Fórmate Lugo coa que 850 lucenses realizaron cursos online e gratuítos para mellorar a súa empregabilidade e asinamos unha batería de contratos para executar obras municipais e reactivar así o sector da construción”, proseguíu o rexedor.
“Agora podemos comprobar como o soporte prestado polo Concello á cidadanía lucense durante a pandemia converteu Lugo 5 anos despois nunha cidade máis resiliente. De feito podemos presumir orgullosos, de que do CEI-Nodus naceron os primeiros 20 emprendedores da pandemia en Galicia, mozos e mozas aos que acompañamos na súa aprendizaxe e na procura de investimento para os seus proxectos empresariais”, rematou.

