Miguel Fernández destaca a importancia do ornato público na chegada da primavera

O alcalde achegouse a distintas zonas verdes para comprobar o resultado da campaña de plantación de bulbos impulsada no outono.

“Cuidar a estética e a biodiversidade dos espazos públicos tamén é mellorar a calidade de vida da veciñanza”, subliñou Miguel Fernández.

Venres, 04 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández destaca a importancia do ornato público na chegada da primavera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou este mércores espazos como o Parque de Rosalía ou a Praza Maior para comprobar o resultado da campaña de plantación de bulbos e plantas ornamentais desenvolvida polo Concello durante o outono pasado. A floración de especies como tulipas, narcisos ou xacintos comeza a encher de cor os principais puntos verdes da cidade coincidindo co arranque da primavera.

A actuación, impulsada pola área de Transición Ecolóxica, incluíu a colocación de máis de 37.000 unidades de planta de tempada e 16.500 bulbos florais en 29 espazos públicos, cun investimento de algo máis de 51.000 euros.

Miguel Fernández destacou que “cuidar a estética e a biodiversidade dos espazos públicos tamén é mellorar a calidade de vida da veciñanza” e sinalou que estas accións contribúen a facer de Lugo unha cidade máis atractiva e acolledora.

Multimedia

  • Miguel Fernández destaca a importancia do ornato público na chegada da primavera
  • Miguel Fernández destaca a importancia do ornato público na chegada da primavera

Noticias relacionadas