
O concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, foi o encargado, este mércores, de dar o pistoletazo de saída á 14ª etapa do evento ciclista máis sinalado dentro do panorama nacional e internacional, a Volta Ciclista a España. O edil estivo acompañado pola subdelegada do Goberno de España en Lugo, Isabel Rodriguez.
Miguel Fernandez destacou que tanto o punto de saída da etapa coma o percorrido neutralizado cumpriu coas instrucións das autoridades sanidades ao tempo que permitiu que un amplo número de medios de comunicación ofrecera a oportunidade a millóns de persoas, de ver a través dunha pantalla, imaxes espectaculares da enorme riqueza de carácter patrimonial e natural que temos en Lugo.
Etapa 14 da Volta a España
Os corredores sairon hoxe de Lugo con dirección a Ourense nunha etapa de media montaña con tres portos de terceira categoría (Escairón, Guitara e Abelaira). Serán 204 quilómetros de percorrido, unha quilometraxe moi superior que poñerá a proba as forzas restantes entre os ciclistas.