Miguel Fernández asiste á inauguración da exposición CONtornos, que reúne 30 pezas de torneiros internacionais no CENTRAD

Esta mostra amosa pezas de profesionais de toda Galicia, diferentes puntos de España, así como Francia, Portugal, Grecia, Holanda, Estados Unidos, Nova Zelanda ou Australia

Xoves, 04 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández asiste á inauguración da exposición CONtornos, que reúne 30 pezas de torneiros internacionais no CENTRAD

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiu este xoves á inauguración da exposición CONtornos de torneado de madeira, que o CENTRAD da Deputación leva á Capela de Santa María ata o 28 de agosto. Neste acto tamén estiveron o Presidente da Deputación, Darío Campos, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, e o comisario da mostra, Vicente Ledo, entre outras autoridades.

Esta mostra reúne por primeira vez na provincia de Lugo 30 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos XV Encontros Internacionais de Torneiros do ano pasado en Xermade. 

Horario

CONtornos permanecerá aberta ao público ata o 28 de agosto na Capela de Santa María. A entrada é libre e totalmente gratuíta. O horario é de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.

Noticias relacionadas