Inazio Abrao protagoniza a nova exposición do MIHL

Baixo o título Soportes, o artista de Becerreá mostra unha serie de mesas construídas co legado do chan do noso contorno.

Maite Ferreiro inaugurou a exposición que poderá visitarse no MIHL ata o 15 de marzo.

Venres, 19 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inazio Abrao protagoniza a nova exposición do MIHL

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro inaugurou no MIHL a nova exposición que se une á programación da Tenencia de Alcaldía. Baixo o título "Soportes", o artista Inazio Abrao presenta unha serie de mesas elaboradas con madeira, construídas, segundo o propio artista "co legado do chan do noso contorno".

Maite Ferreiro convidou á veciñanza a visitar esta mostra, que se poderá ver no MIHL ata o 15 de marzo, e afirmou que "esta é unha nova oportunidade para coñecer a obra de Inazio Abrao, a segunda exposición que organiza nas instalacións da área de Cultura nos últimos anos".

"É un proceso con vontade artística que xorde como unha necesidade de expresión e comunicación", indicou o autor da exposición, Inazio Abrao, que engadiu "aquí están as árbores do propio territorio que volven á casa transformados, primeiro en madeira e despois en pezas escultóricas ou mobiliario".

"As esculturas, ás veces, son unha forma de dar visibilidade ao traballo construtivo do moble, outras son volumes compactos, estruturas e formas racionais, que quizais conecten máis co intelecto e co urbano" indicou Inazio Abrao.

Multimedia

  • Inazio Abrao protagoniza a nova exposición do MIHL
  • Inazio Abrao protagoniza a nova exposición do MIHL
  • Inazio Abrao protagoniza a nova exposición do MIHL

Noticias relacionadas