Este movemento supón unha vía alternativa e desenvólvese como estímulo para que a Xunta de Galicia redobre o seu compromiso efectivo cun proxecto que forma parte integrante do patrimonio galego.
“O centro cultural é un proxecto de cidade irrenunciable no que non cesaremos ata que se comprometan os recursos necesarios para a súa realización. Lugo leva demasiados anos esperando e merece avanzar cunha folla de ruta clara”, sinalou o rexedor.
“A concesión desta axuda, que cubriría o 75% do investimento, implica que o Concello traballe con previsión e dispoña do 25% restante consigando no seus ornamentos, algo que xa incluimos nas contas para 2026”, sinalou Fernández.
Fernández lembrou que o pasado mes de novembro solicitou unha reunión urxente co presidente Rueda para avanzar sobre este proxecto, pero ata o de agora non se recibiu resposta, o que supón un agravio para a cidadanía lucense.
“É inxustificable que mentres a Xunta compromete fondos millonarios para outros proxectos, como a recuperación do cine Fraga en Vigo ou investimentos superiores a 17 millóns no Pazo de Lourizán, Lugo siga sen recibir resposta á súa demanda”, apuntou.

O alcalde de Lugo anunciou hoxe que o Concello de Lugo presentará unha solicitude ao Programa 2% Cultural, promovido pola Administración Xeral do Estado, como cauce para acceder a financiamento estatal destinado á conservación e posta en valor do patrimonio histórico, cultural e artístico español. Este programa, establecido pola normativa de patrimonio e reforzado recentemente cunha convocatoria estatal de 80 millóns de euros para 2025, obríga a destinar un 2 % dos fondos de grandes obras públicas financiadas polo Estado á conservación do patrimonio e ao fomento da creatividade artística, contribuíndo á recuperación de bens culturais, á xeneración de actividade social e económica e ao fortalecemento do turismo de calidade.
Miguel Fernández, explicou que esta decisión responde á falta de interese e compromiso efectivo mostrado pola administración galega, que é a competente en materia de patrimonio arqueolóxico e foi asignada como responsable da conversión do antigo Cuartel de San Fernando no Museo da Romanización, unha aspiración histórica da cidade. “O Museo da Romanización é un proxecto de cidade irrenunciable que non cesará ata que se comprometan os recursos necesarios para a súa realización. Lugo leva demasiados anos esperando e merece avanzar cunha folla de ruta clara, segura e compartida. Presentar este proxecto ao 2% Cultural é unha forma de diversificar os recursos e buscar vías complementarias de financiamento cando as administracións competentes non acoden con decisión aos seus compromisos”, declarou Fernández.
Neste momento, sendo a Xunta de Galicia a administración competente en materia de patrimonio arqueolóxico, considérase imprescindible que o Executivo autonómico concrete o seu compromiso para facer realidade a conversión do antigo cuartel no Museo da Romanización, unha demanda histórica da cidadanía lucense que en tempos chegou a ser asumida polo Goberno autonómico e despois estivo paralizada durante anos. Lugo contén un valioso conxunto de pezas arqueolóxicas, con máis de 15.000 xa catalogadas e actualmente baixo custodia municipal, o que subliña a necesidade dun espazo estable, especializado e de referencia para o seu estudo, conservación e difusión pública, que favoreza tamén a súa socialización e uso educativo.
O Concello de Lugo considera que a concurrencia ao 2% Cultural representa unha oportunidade para mobilizar recursos estatais que, de ser aprobados, permitirían avanzar na concreción dunha intervención patrimonial de primeira orde, garantir a protección do rico legado arqueolóxico da cidade e intensificar a súa proxección como destino cultural de referencia.
“A concesión desta axuda, que cubriría o 75% do investimento, o que implica que o Concello traballe con previsión e dispoña do 25% restante consigando no seus ornamentos, algo que xa incluimos nas contas para 2026. No obstante, chegado o caso esixiremos que a Xunta, pese as súas reiteradas negativas, asuma parte deste investimento, a lo menos o 15%, como Adminsitación competente. De non lograr o 2% deberán asumir todo o que lles corresponde”, explicou o rexedor que explicou que este movemento desenvólvese como estímulo para que a Xunta de Galicia redobre o seu compromiso efectivo cun proxecto que forma parte do patrimonio galego e que atopa nas pezas arqueolóxicas de Lugo unha síntese única da súa historia romana.
Así mesmo, Fernández lembrou que o pasado mes de novembro solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para avanzar de forma bilateral e acordar compromisos sobre este proxecto, pero ata o de agora non se recibiu resposta nin compromiso efectivo de data para ese encontro, o que, no seu criterio, non só representa un menoscabo para o Goberno local, senón tamén un agravio para a cidadanía lucense que sistematicamente demanda este equipamiento cultural.
“É inxustificable que mentres a Xunta compromete fondos millonarios para outros proxectos culturais noutras cidades, como a recuperación do cine Fraga en Vigo con 20,5 millóns de orzamento ou investimentos superiores a 17 millóns no Pazo de Lourizán, Lugo siga sen recibir resposta á súa demanda permanente de apoio para un museo que xustifica non só a súa historia senón tamén o seu potencial turístico e educativo”, concluíu.
Audio
- Miguel Fernández, sobre o Museo da Romanización | Descargar mp3



