
Maite Ferreiro asiste á inauguración da exposición de Pablo Quesada na Galería Néboa. A mostra conta coa colaboración do colectivo ConTRol (Daniela Jándula e Mario Manso), baixo o comisariado de Pedro Huidobro, e propón unha reflexión arredor da luz, a electricidade e os sistemas espaciais, articulada a través dunha serie de esculturas e intervencións gráficas que exploran a relación entre materia, arquitectura e enerxía.
Ferreiro salientou o compromiso da Tenencia de Alcaldía por seguir a facer de Lugo unha cidade "referente na programación cultural" e destacou o papel de espazos como a Galería Néboa "que amplían a importante selección de exposicións de artistas emerxentes e recoñecidos que acollen as instalacións culturais xestionadas polo Concello".


