Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Inauguración da exposición de Pablo Quesada na Galería Néboa

Inauguración da exposición de Pablo Quesada na Galería Néboa

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Sábado, 10 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inauguración da exposición de Pablo Quesada na Galería Néboa

Maite Ferreiro asiste á inauguración da exposición de Pablo Quesada na Galería Néboa. A mostra conta coa colaboración do colectivo ConTRol (Daniela Jándula e Mario Manso), baixo o comisariado de Pedro Huidobro, e propón unha reflexión arredor da luz, a electricidade e os sistemas espaciais, articulada a través dunha serie de esculturas e intervencións gráficas que exploran a relación entre materia, arquitectura e enerxía.

Ferreiro salientou o compromiso da Tenencia de Alcaldía por seguir a facer de Lugo unha cidade "referente na programación cultural" e destacou o papel de espazos como a Galería Néboa "que amplían a importante selección de exposicións de artistas emerxentes e recoñecidos que acollen as instalacións culturais xestionadas polo Concello".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/inauguracion-da-exposicion-de-pablo-quesada-na-galeria-neboa