Méndez felicitou o San Xiao aos ferroláns e aplaudiu que catro dos cinco homenaxeados fosen mulleres “porque é necesario visibilizar o papel feminino e non dar pasos atrás na loita cara a igualdade”

A Alcadesa destacou a importancia de pór en valor ás persoas “o maior patrimonio que temos os municipios” e pediu maior autonomía para os concellos

Luns, 07 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez felicitou o San Xiao aos ferroláns e aplaudiu que catro dos cinco homenaxeados fosen mulleres “porque é necesario visibilizar o papel feminino e non dar pasos atrás na loita cara a igualdade”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañou esta mañá ao rexedor ferrolán, Jorge Suárez, e ao resto de Corporación de Ferrol, municipio co que Lugo está irmandado, no acto de celebración do seu patrón, San Xiao, no que se homenaxeou a distintas personalidades referentes do mundo da Universidade, a sanidade e movementos veciñais e sociais.

A rexedora, que estivo acompañada polas concelleiras de Economía e Benestar Social, Ana Prieto e Ana González Abelleira, trasladou a felicitación dos lucenses e aplaudiu a iniciativa do Concello de Ferrol, “xa que o maior patrimonio que temos os municipios, máis aló do patrimonio histórico, cultural e artístico, é o das persoas”. “Así o cremos firmemente en Lugo e así o transmitimos no noso acto recente de entrega das Medallas de Ouro lucenses, que este ano se oficializaron nun día moi especial, o 30 de novembro, día no que a Muralla de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade hai xa 18 anos”. Ademais, Lara Méndez desexou que Ferrol pronto poida conseguir este merecido título de Patrimonio da Humanidade, “polo que tanto tempo levan traballando”, sostivo.

Méndez tamén destacou a importancia de que catro dos cinco homenaxeados fosen mulleres, “porque nestes tempos difíciles e incertos é máis necesario ca nunca visibilizar o papel das mulleres e manterse firmes como sociedade para non dar nin un paso atrás e seguir avanzando para conseguir a igualdade real”.

Falou así mesmo da necesidade de rebaixar o clima de crispación social e da urxencia de que os concellos poidan incrementar a súa autonomía “moi mermada tras a crise, xa que necesitamos máis ferramentas que nos permitan aos alcaldes e alcaldesas solucionar os problemas cotiáns dos cidadáns e preparar ás nosas cidades e municipios para os novos tempos de cambios que se aveciñan”.

Por último, Lara Méndez acompañou as reivindicacións do alcalde ferrolán de mellora das infraestruturas das cidades de Lugo e Ferrol, como é a consecución do AVE, para que non existan cidades de distintas categorías e podamos impulsar a nosa economía”.

Multimedia

  • Méndez felicitou o San Xiao aos ferroláns e aplaudiu que catro dos cinco homenaxeados fosen mulleres “porque é necesario visibilizar o papel feminino e non dar pasos atrás na loita cara a igualdade”

Noticias relacionadas