Méndez amadriña Muller e deporte no Xirakarting cun chamamento a rematar coa discriminación feminina no mundo deportivo

A Alcaldesa , que se subiu a un kart no circuíto instalado en Augas Férreas para reivindicar á igualdade, alertou dos riscos de retroceso nos dereitos das mulleres

Sábado, 13 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez amadriña Muller e deporte no Xirakarting cun chamamento a rematar coa discriminación feminina no mundo deportivo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, amadriñou esta tarde a iniciativaMuller e deporte no circuíto lucense do XiraKarting, que busca levar a igualdade aos circuítos de karts e de aí ás probas de rallies, achegando ás nenas e ás mulleres este deporte, asociado historicamente ao sector masculino. A rexedora estivo acompañada nesta iniciativa, na que colabora o Concello e que se pon en marcha por segundo ano consecutivo, polo piloto de rallies lucense Adrián Díaz e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelelira, así como un grupo de nenas da Escudería Miño.

A rexedora felicitou esta iniciativa, moi necesaria porque, lembrou, o deporte é un dos ámbitos onde máis se discrimina á muller. “Aínda estamos nun momento no que apenas o 1% dos patrocinios comerciais se destinan ao deporte feminino e no que os estudos reflicten que os deportes femininos só obteñen o 5% de cobertura mediática, por citar só algúns exemplos desta discriminación".

Segundo a Alcaldesa, as iniciativas como a de XiraKarting onde se implican aos máis pequenos e pequenas  son estupendas desde o punto de vista educativo e de valores, así como plataformas para visibilizar que as nenas teñen as mesmas capacidades para a competición. De feito, para amosar o seu total apoio a Muller e deporte, Lara Méndez subiuse nun kart no circuíto que está instalado en Augas Férreas estafin de semana.

Noticias relacionadas